Foros ›
Organizar carreiras polo wastapp?
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2177 Posts
Galiza
Reply with quote Post Wed, 14 Aug 2019, 3:32
Post subject: Re: Organizar carreiras polo wastapp?

máis un novo exemplo

www.correrengalicia.or...096#591096

Que todas sabemos que si o publicasen en CnG íase enterar todo o mundo Twisted Evil Mr. Green

En serio, máis alá de que se publicas un regulamento eu opino que tes que tirar adiante con el e xa para o ano farás os cambios que estimes (a non se por causas de forza maior e seguridade), vemos a importancia dunha política de comunicación axeitada e non dar por feito que "todo o mundo" te está a seguir en esta ou aquela plataforma de publicación. O de arriba é broma, pasaría exactamente igual se o tivesen publicado aquí

Que dito sexa de paso igual aínda tendo conta aberta en este ou aquel redil igual nin te enteras debido a que se non lle peta ao algoritmo igual queda relegada tras sete fotos de gatos e facendo scroll vinte minutos ou entre as 200 notificacións pendentes

No día a día (fediverso) -- Blog de correr -- Chámame "ghose"
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2177 Posts
Galiza
Reply with quote Post Mon, 16 Dec 2019, 9:45
Post subject: Re: Organizar carreiras polo wastapp?

UN SAÚDO AOS ORGANIZADORES DE CARREIRAS POR "WASAP"

Hai uns minutos, mirando para ir a un trail na primavera e unha carreira de estos días



e outra máis






Son exemplos do que se atopa unha persoa que quere INFORMARSE e non ten conta aberta en FB.

Por esto, GRAZAS a todas as organizacións que teñen unha páxina web accesible e mil grazas a todas as que traen a información por aquí tamén.

No día a día (fediverso) -- Blog de correr -- Chámame "ghose"
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
845 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Mon, 16 Dec 2019, 10:30
Post subject: Re: Organizar carreiras polo wastapp?

Se unha organización decide informar por email, periódico ou facebook... pois alá eles. Pero o que non me gusta nadiña é publicar a data en correrengalicia, información sobre aparcadoiros en facebook, en twitter que ó final as duchas cambian de ubicación, en instagram que amplían plazo de inscrición. Vamos, que teñas que estar pendente de tódalas vías para unha única carreira. Eso sí que me molesta.
Por exemplo, eu o martes pasado fun recoller o dorsal da SinSon, porque indicaron no seu momento por correo electrónico que repartían a partir do día 10. Chego alí, e nada. Que modificaran a data para 12. Entro no facebook, e sí: informaron alí que se modificaba a data. Un email correxindo a data custaría miles de euros, claro.

E en concreto o de Facebook que comentas, pásalle a moitos que coñezo. Pérdense moitas cousas por non ter conta. Tamén como lle digo a eles: crear unha conta en Facebook non mata a ninguén. Con crear unha conta "Pepe da Chousa" e seguir a páxinas de organizacións listo. Non renuncias á túa privacidade nin a non estar informado.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
697 Posts

Reply with quote Post Tue, 17 Dec 2019, 12:03
Post subject: Re: Organizar carreiras polo wastapp?

Boas, persoalmente eu non teño conta en redes sociaís (facebook,....) pero tampouco estou en contra delas. Cada persoa debe ter libertade para elexir e hoxe en día son un medio moi util e eficaz para chegar a moita xente.
Agora bén, tamén se debería respetar a decisión d@s que non temos/usamos esas redes sociaís.
O que non me parece correcto e tampouco lle vexo moito sentido é as organizacións que invirten recursos e tempo en facer unha web para as suas probas e despoís cando haí certas modificacións (trazado, horarios, cancelacións,...) o fan saber soamente a través das redes sociaís.
Un saudo.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
845 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Tue, 17 Dec 2019, 15:53
Post subject: Re: Organizar carreiras polo wastapp?

Rufino, ti non tes Facebook porque tesme a min para informarche. Mr. Green
Hera

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/06/15
29 Carreiras
483 Posts

Reply with quote Post Thu, 19 Dec 2019, 21:15
Post subject: Re: Organizar carreiras polo wastapp?

Completamente de acuerdo. La información debería de estar en origen siempre disponible, y si quieres darle más visibilidad comentando en RRSS genial, pero a veces te tiras mirando que si Facebook, que si Instagram, etc etc para obtener todos los detalles cuando lo lógico es que este concentrada en el mismo sitio





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum